AMES RADIO
En xullo de 2007 o Concello de Ames puxo en marcha o servizo dunha emisora de radio municipal que se converteu no espello que reflicte a realidade amesá. O nome da emisora municipal é Ames Radio e pode sintonizarse en todo o territorio municipal e parte da comarca a través do 107.2 da FM. Ames Radio ten unha programación deseñada pensando na prestación dun servizo público. A súa grella componse con espazos adicados á información, á música, ao entretemento e á cultura nos que os temas da vida cotiá se traten dunha forma participativa e próxima aos veciños. Ademáis, ofrece á posibilidade de que a propia veciñanza amesá faga o seu propio programa de radio, a través da convocatoria de programas de radio cidadá.