Política de privacidade

A través deste sitio web non se recadan datos de carácter persoal das persoas usuarias sen o seu coñecemento nin se ceden a terceiros.

Este sitio web pode conter enlaces a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á do Concello de Ames. Ó acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade.

Información básica sobre protección de datos

A continuación informámoslle sobre a política de protección de datos do Concello de Ames.

Responsable do tratamento

Os datos de carácter persoal que se puidesen solicitar directamente da persoa interesada serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade do Concello de Ames.

A relación actualizada das actividades de tratamento que o Concello de Ames leva a cabo atópase dispoñible no seguinte enlace: rexistro de actividades de tratamento.

Finalidade

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza o Concello de Ames e que están accesibles no rexistro de actividades de tratamento.

Lexitimación

O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento de obrigacións legais por parte do Concello de Ames, para o cumprimento de misións realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao Concello de Ames, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, que haberá de ser prestado mediante unha clara acción afirmativa.

Pode consultar a base legal para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo o Concello de Ames na  seguinte ligazón ao rexistro de actividades do Concello de Ames.

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obrigación legal, entre as que poden estar as comunicacións aos xulgados e tribunais.

Pode consultar os destinatarios para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo o Concello de Ames na seguinte  ligazón ao rexistro de actividades do Concello de Ames.

Dereitos das persoas interesadas

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos que dos seus datos que levan a cabo polo Concello de Ames.

Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante o Concello de Ames, Praza do Concello, núm. 2, Bertamiráns, 15220 Ames, ou na dirección de correo electrónico dpd@concellodeames.gal

Aviso Legal

O titular deste portal é o Concello de Ames, con CIF P1500200I, enderezo na Praza do Concello, núm. 2, Bertamiráns, 15220 Ames, e teléfono 981 883 002.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste portal, o seu deseño gráfico e os códigos que contén son de titularidade do Concello de Ames, a non ser que se indique outra diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas de ditas obras, a non ser que sexa para uso persoal e privado, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual do Concello de Ames ou do seu titular. A utilización non autorizada da información contida neste portal, así coma os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial do Concello de Ames, poderán dar lugar ao exercicio das accións legais correspondentes e, no seu caso, ás responsabilidades que de dito exercicio se deriven.

Responsabilidade dos contidos

O Concello de Ames non se fai responsable da legalidade doutros sitios web de terceiros desde os que poida accederse ao portal. O Concello de Ames tampouco responde pola legalidade doutros sitios web de terceiros, que puidesen estar vinculados ou enlazados desde este portal.

O acceso ao portal, así coma o uso que poda facerse da información que contén, son de exclusiva responsabilidade do usuario ou usuaria. O Concello de Ames non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que podan derivarse deste acceso ao uso da información deste sitio web ou dos seus contidos, incluídos danos informáticos e introdución de virus.

En calquera momento e sen necesidade de previo aviso, o Concello de Ames poderá realizar actualizacións e modificacións sobre a información contida no seu portal ou na configuración ou presentación deste.

O Concello de Ames non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidera ocasionar a utilización das ferramentas e informacións contidas na web en relación coa adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos. Tales decisións teñen que ser contrastadas nos centros, organismos ou dependencias competentes.